Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto da obra de clave AC/00/2.2.

a) Obra.

1. Mellora da plataforma e rodadura drenante da VRG1.1 (vía rápida de Barbanza) Vacariza-Ribeira.

Clave: AC/00/2.2.

Orzamento: cincocentos noventa e tres millóns setecentas oitenta e oito mil setecentas setenta e catro pesetas (593.788.774), equivalente a (3.568.742,41 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría f.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifiesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfonos de información: 981 54 49 86.

c) Garantía que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño polo que se aproba o texto refunddido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presenación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviase por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: haberá que aterse ó especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda