a) Asistencias técnicas.
1. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra incluíndo os labores de coordinación de seguridade e saúde do desdobramento do corredor CRG1.1 de Catabois a Igrexafeita, treito I.
Clave: AC/98/146.1.
Orzamento: quince millóns trescentas noventa e seis mil seiscentas oitenta pesetas (15.396.680), equivalentes a (92.535,91 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:
-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.
-O coordinador de seguridade e saúde será un enxeñeiro de camiños ou un enxeñeiro técnico de obras públicas con polo menos nivel medio de prevención de riscos laborais.
Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.
Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.
2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra incluíndo os labores de coordinación de seguridade e saúde do desdobramento do corredor CRG1.1 de Catabois a Igrexafeita, treito II.
Clave: AC/98/147.1.
Orzamento: catorce millóns cento oitenta e seis mil oitocentas pesetas (14.186.800), equivalentes a (85.264,39 euros).
Prazo de execución: 24 meses.
A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:
-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.
-O coordinador de seguridade e saúde será un enxeñeiro de camiños ou un enxeñeiro técnico de obras públicas con polo menos nivel medio de prevención de riscos laborais.
Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.
Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.
(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características.
i) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda