Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que se refire a esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Contrato privado de seguro (póliza) que terá por obxecto garanti-la asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais.

a) Período de vixencia: do 1 de outubro de 2000 ata o 15 de setembro de 2001, ámbolos dous inclusive.

b) Orzamento de licitación: dezanove millóns catrocentas noventa e sete mil cincocentas oitenta e oito pesetas (19.497.588 ptas.), co detalle por anualidades consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prima individual máxima: trescentas setenta e tres pesetas (373 ptas.).

d) Número aproximado do colectivo que hai que asegurar: cincuenta e dous mil catrocentos (52.400) deportistas.

3. Requisitos do asegurador.

a) A acreditación da solvencia técnica ou profesional:

Mediante os documentos e medios de proba que enumera o artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2000, do 16 de xuño (BOE do 21).

Sinaladamente, o licitador xuntará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos que conta para a prestación dos servicios de asistencia sanitaria ós que se refire o obxecto, parcial, do contrato que se pretende.

Outros requisitos: tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantía provisional e definitiva.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación (389.952 ptas.), e posteriormente, garantía definitiva por un importe do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 19. Fax: 981 54 26 38).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 38), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas.

Levaráse a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte