Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da rectificación de erros do acordo de aprobación definitiva do expediente de modificación puntual número 17 do PXOU de Vigo. (Expediente 4781/411).

O Pleno do Concello, en sesión do día 28 de xullo de 2000, acordou rectifica-lo erro material producido no punto segundo do acordo plenario do 27-3-2000, de aprobación definitiva da modificación puntual nº 17 do PXOU, relativa á vía Seminario-Corredoira.

Así, onde di: «Amplia-lo treito de baixada ó Pontillón, incluíndo a ponte sobre o Lagares, a un largo de 16 metros, no caso de que tecnicamente sexa posible».

Debe dicir: amplia-lo largo da ponte sobre o río Lagares no camiño de baixada ó Pontillón a 16 metros, no caso de que tecnicamente sexa posible».

Claréxase que o acordo de ampliación do largo da ponte é unha mera declaración de intencións, da cal a execución se subordina a que no proxecto de execución da vía Seminario-Corredoira se xustifique tecnicamente a súa necesidade e a que non se produza alteración na ordenación dos predios afectados.

Procédese á publicación do presente anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practicar.

Vigo, 21 de agosto de 2000.

Xavier Toba Girón

Alcalde accidental