Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 31 de agosto de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia da seguinte obra:

Obra: abastecemento e saneamento a Xunqueira.

Orzamento: 14.425.000 ptas.

Exponse este ó público durante catro días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso público, se ben a licitación se aprazará, de presentarse reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de abastecemento e saneamento no lugar da Graña en Xun

queira de Espadanedo, consonte o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Vieites Pérez Quintela.

Lugar de execución: A graña.

Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.425.000 ptas.

5. Garantías: definitiva o 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas e demais documentación están a disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

Domicilio: praza dos Amigos s/n.

Localidade e código postal: Xunqueira de Espadanedo CP 32730.

Teléfono e fax: 988 29 10 01 e 988 29 10 46.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das ofertas e das solicitudes de presentación.

Data e lugar de presentación das proposicións: nas oficinas deste concello das 9 ás 14 horas, en sobre pechado e conforme se establece no prego de cláusulas administrativas particulares da obra, no prazo de 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG, se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios que servirán de base á adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: terá lugar no salón de sesións da casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Xunqueira de Espadanedo, 4 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado