Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo 06.03 Porto Loureiro (Castrelos). (Expediente 4578/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 26 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo 06.03 C Porto Loureiro, na parroquia de Castrelos, segundo a documentación corrixida á vista das alegacións e informes do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia de datas 16 de marzo de 1999, 23 de setembro de 1999 e 14 de marzo de 2000, redactado polos arquitectos Mercedes Aymerich Valladares, Clara Gómez Somoza, Carlos Pajares Campos e José Javier Villacé Rodríguez.

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se conte a tódolos propietarios que sexan descoñecidos dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 7 de agosto de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo