Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.E. 1 do PERI 5 Paradela (Teis). (Expediente 4529/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 29 de maio de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar parcialmente a alegación presentada no período de información pública por Amparo Martínez Álvarez (nº documento 9873921), á aprobación inicial do estudio de detalle da U.E. do PERI 5 Paradela 1-Teis, no sentido de que no proxecto de urbanización do polígono se inclúan as obras de canalización do rego que discorre actualmente próximo ó muro do cemiterio, localizándose, se fose preciso, as presas de regadío na zona verde, desestimándoa no demais.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle no U.A. 1 PERI 5 Paradela-Teis (expediente 4529/4119), conforme a documentación presentada por Antonio David Novoa García en datas do 29 do setembro, de 3 a 10 de decembro de 1997, redactada polos arquitectos Javier Pena Fernández e José Luis Sáez Silva e visada polo COAG en datas do 19 de agosto e 10 de decembro de 1997.

Terceiro.-Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o art. 48 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o

lugar de notificación ou intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 4 de xullo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo