Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o día 14-7-2000, adoptou entre outros o seguinte acordo: aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a instalación da estación depuradora de augas residuais previstas nas NN.SS., efectuándose a súa localización nunha parcela cualificada como sistema xeral de zona verde e espacios libres de uso público, incluída no ámbito do Plan parcial da praia de San Pedro de Veigue.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, perante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Sada, ou ben poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante la sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva

expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto.

En tal caso, o prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición no que deba entenderse presuntamente desestimado.

No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpor recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderase interpor calquera outro que se coide pertinente.

Sada, 14 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado