Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión realizada o día 31 de xullo de 2000, acordou aprobar definitivamente a reforma do proxecto de urbanización do Plan parcial de ordenación, sector AB-1 de Poio, presentado pola comunidade de propietarios do centro comercial A Barca, visado o 24 de febreiro de 2000 e confeccionado polos arquitectos Cristina Fernández Cid e Pablo Rodríguez Vales-Villamarín.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición, ante a Comisión de Goberno, no prazo dun mes a partir do día seguinte á publicación deste anuncio ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio do presente anuncio notifícaselles este acto a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado paradoiro, respecto dos que non se poida practica-la notificación intentada.

Poio, 2 de agosto de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde