Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, e trámite de urxencia, para a adquisición de subministración.

Proxecto: subministración de mobiliario e utensilios para as dependencias da Casa do Concello.

Orzamento: 22.000.000 de pesetas.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 31 de agosto de 2000.

Ana Belén Franco Martínez

Alcaldesa accidental