Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se lle outorga, a Insuiña, S.L. autorización para modifica-las instalacións dunha granxa mariña en Chapela, concello de Redondela (Pontevedra).

Visto o expediente instruído para efectos de modificación das instalacións autorizadas para a explotación dunha granxa mariña, apreciáronse os seguintes.

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito de data 4-4-2000, Enrique De Llano Monelos (DNI: 32.369.857), en representación de Insuiña, S.L., solicita autorización para modificación do proxecto presentado para o outorgamento do permiso de actividade para explotación dunha granxa mariña para engorde de peixes en Chapela-Redondela.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a Insuiña, S.L. (CIF: B36021954) a modificación dos planos correspondentes á zona oeste das plantas baixa, primeira e segunda do proxecto de construcción do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: granxa mariña. Nome: Insuiña, S.L.

-Permiso de actividade:

-Outorgamento: O. do 12-4-1999 (DOG nº 119). Remate vixencia: 23-5-2009.

-Actividade: engorde de peixes.

-Especies: robaliza (Dicentrarchus labrax), rodaballo (Psetta máxima) e dourada (Sparus aurata).

-Localización: Chapela. Concello: Redondela. Provincia: Pontevedra.

Capacidade: robaliza: 50 Tn/ano. Rodaballo: 150 Tn/ano. Dourada: 50 Tn/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: esta autorización non supón ocupación de dominio público, incremento do volume edificable nin da capacidade de producción, nin modificación da estructura externa da nave autorizados na orde de outorgamento do permiso de actividade, modificada por Orde do 2 de decembro de 1999 (DOG nº 10 do 17 de xaneiro de 2000).

Segunda: as obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme ó proxecto presentado denominado Reforma nave redeira de Insuiña, S.L., subscrito en abril de 2000, polo arquitecto Santiago Pérez Pérez e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de dous anos, a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Planta baixa; zona: oeste

Nº piscinas: 6; superficie/piscina: 10 x 7,5 m.; volume total: 1.560 m.

Planta primeira; zona: oeste

Nº piscinas: 6 ; superficie/piscina: 10 x 7,5 m.; volume total: 570 m.

Planta segunda; zona: oeste

Nº piscinas: 6; superficie/piscina: 10,0 x 7,5 m.; volume total: 390 m.

Terceira: a execución das obras e instalacións levarase a cabo de acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Cuarta: rematadas as obras o titular deberá comunicar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Mariños, a data de posta en funcionamento, que terá lugar no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da aprobación do recoñecemento final. O citado prazo poderá ser prorrogado, logo de petición do interesado, sempre que existan razóns que xustifiquen a demora no inicio da explotación.

Quinta: se transcorrido o prazo sinalado para a posta en funcionamento esta non se realizara por causas non xustificadas, a consellería poderá ini

cia-los trámites para a declaración da caducidade do permiso de actividade.

Sexta: o establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sétima: o permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Oitava: o outorgamento desta autorización non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en funcións das características do establecemento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o art. 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246 do 22 de dicembro)

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral