Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000 pola que se autorizan modificacións nunha granxa mariña situada en Meirás, concello de Valdoviño (A Coruña), titularidade de Luso Hispana de Acuicultura, S.L.

Visto o expediente instruído para efectos de modificación dunha granxa mariña, apreciáronse os seguintes.

a) Feitos.

Primeiro: mediante escrito de data 24-9-1998, José Bretón Fernández (DNI: 32.387.418), en repre

sentación de Luso Hispana de Acuicultura, S.L., solicita autorización para modificación da granxa mariña para engorde de salmón situada en Valdoviño, da que é titular.

Segundo: o interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Terceiro: no expediente consta a seguinte documentación.

-Licencia de obras do Concello de Valdoviño.

-Autorización da Consellería de Medio Ambiente.

-Informe ambiental da Dirección Xeral de montes e Medio Ambiente Natural.

-Informes técnico-biolóxico e técnico-xurídico.

b) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial da Coruña, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar na granxa mariña outorgada por Orde do 21-09-1987 (DOG nº 234), situada no lugar do Porto-Meirás, Concello de Valdoviño (A Coruña), titularidade de Luso Hispana de Acuicultura, S.L. (CIF: B36824811), as modificacións que se indican:

Primeira.-Cambio de especies.

Substitución do cultivo de salmón atlántico (Salmo salar) polo de rodaballo (Scophtalmus maximus L.).

Segunda.-Modificación da capacidade.

Producción: 300 Tn/ano.

Terceira.-Ampliación da actividade de granxa mariña, outorgando permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha unidade de criadoiro.

Especie: Rodaballo (Scophtalmus maximus L.).

Capacidade: 1.000.000 alevíns/ano.

Remate da vixencia: 4-12-2007.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: as obras e instalacións levaranse a cabo conforme o proxecto presentado denominado Transformación dunha planta de engorde de salmón baseada en terra, nunha planta de preengorde e engorde de rodaballo Scophtalmus maximus L ., obra do enxe

nieiro técnico agrícola Ramón Candia Rego, visada polo colexio profesional con data 29-12-1988 (nº 597). Poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de dous anos, contados desde a día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Segunda: a execución das obras e instalacións farase de acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000 pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Terceira: rematadas as obras o titular deberá comunicar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Mariños, a data de posta en funcionamento, que terá lugar no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da aprobación do recoñecemento final. O citado prazo poderá ser prorrogado, logo de petición do interesado, sempre que existan razóns que xustifiquen a demora no inicio da explotación.

Cuarta: se transcorrido o prazo sinalado para a posta en funcionamento esta non se realizara por causas non xustificadas, a consellería poderá inicia-los trámites para a declaración da caducidade do permiso de actividade.

Sexta: o establecemento non poderá destinarse usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sétima: a presente autorización non supón modificación da ocupación de dominio público autorizada na orde inicial de outorgamento do permiso de actividade da granxa mariña.

Oitava: o permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Novena: o outorgamento desta autorización non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en funcions das características do establecemento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o art. 46.1º da Lei 29/1998, de

13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246 do 22 de decembro)

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral