Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOBRADO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

1. Obxecto.

Contratación, por concurso, con procedemento aberto, da obra bordo fluvial e área de descanso (Plan 2000 de protección do medio ambiente).

2. Tramitación, procedemento e forma de contratación.

Tramitación: concurso.

Procedemento: aberto.

Forma: de acordo co prego de cláusulas administrativas aprobado pola deputación provincial, para a contratación mediante concurso con procedemento aberto das obras comprendidas nos plans provinciais (BOP nº 77, do 3 de abril de 2000).

3. Orzamento de licitación.

15.786.767 ptas.

4. Fianza.

Provisional: 315.735 pesetas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Criterios de ponderación de ofertas. Opción B.

Serán criterios para a adxudicación do concurso, os seguintes:

a) Obras de natureza análoga: ata 5 puntos.

b) Oferta económica: a empresa que se aproxime máis (por enriba ou por debaixo) á media aritmética, obterá: 3 puntos.

A seguinte ou seguintes máis próximas: 2 puntos.

A seguinte ou seguintes máis próximas: 1 punto.

A seguinte ou seguintes máis próximas: 0 puntos.

c) Programa de control interno de calidade: ata 4 puntos.

d) Programa de construcción das obras: ata 3 puntos.

e) Solvencia económica: ata 2 puntos.

f) Reducción de prazos na execución da obra: ata 2 puntos.

g) Relación de equipos, maquinaria e medios auxiliares: ata 2 puntos.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de vinteseis días natu

rais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 14 horas.

7. Modelo de proposición e documentación.

O recollido na cláusula 12 do prego mencionado.

8. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións (se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Sobrado, 8 de agosto de 2000.

Jacobo Fernández García

Alcalde