Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

EDICTO.

No BOP da Coruña número 167, do 21 de xullo de 2000, publícanse as bases da convocatoria deste concello para cubrir en propiedade, por promoción interna, a seguinte praza:

-Persoal funcionario.

-Grupo: B.

-Denominación do posto: técnico de xestión económico-administrativa.

-Número de vacantes: unha.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Vedra, 26 de xullo de 2000.

Odón C. Cobas García

Alcalde