Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle presentado por Manuel Fernández Fernández, para regula-la edificación dunha parcela situada na rúa da Constitución, esquina a rúa de nova apertura da vila de Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 18 de xullo de 2000, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Manuel Fernández Fernández, para regula-la edificación dunha parcela situada na rúa da Constitución, esquina á rúa de nova apertura da vila de Sanxenxo, de conformidade coa documentación técnica redactada polo arquitecto Alfredo Díaz Grande.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formula-as alegacións que coida procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34-2º do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 9 de agosto de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde