Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de información pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Dando cumprimento ó preceptuado polo artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e unha vez sometido a coñecemento do Pleno do Concello o avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana en sesión realizada o día 29 de agosto de 2000, ábrese un período de información pública para suxestións polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Sada, 30 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado