Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o resultado do concurso de rexistros mineiros da provincia de Pontevedra convocado no Diario Oficial de Galicia o 1 de setembro de 1999.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber:

Que como resultado do concurso público de rexistro mineiros, convocado no BOE do 13 de agosto de 1999, e Diario Oficial de Galicia do 1 de setembro de 1999, quedaron francos e rexistrables os terreos correspondentes ós rexistros mineiros obxecto do concurso, agás das superficies adxudicadas os seguintes permisos de investigación, que se sinalan polo seu nome, número de orde no libro de rexistros mineiros na delegación de Industria e superficie:

Lalín nº 2872 de 2 c.m., Carballeda nº 2873 de 2 c.m., Gulans nº 2874 de 1 c.m., Faro nº 2875 de 6 c.m., Rosal nº 2876 de 30 c.m., Urgal nº 2877 de 63 c.m., Pomar nº 2878 de 4 c.m., Barreiro nº 2879 de 2 c.m., Castelo nº 2880 de 1 c.m., Parderrubias nº 2881 de 1 c.m., Pedra Buxiña nº 2882 de 1 c.m., Orion nº 2883 de 1 c.m., Carballa nº 2884 de 2 c.m., Lousado nº 2885 de 1 c.m., Penidos nº 2886 de 1 c.m., Monte Vilas nº 2887 de 1 c.m., Valverde nº 2888 de 4 c.m., Caldeirón nº 2889 de 6 c.m., Canaval nº 2890 de 2 c.m., Alba nº 2891 de 1 c.m., Chandecam nº 2892 de 6 c.m.

Dos terreos francos e rexistrables que resultaron do concurso exceptúanse as superficies ocupadas polos aproveitamentos dos recursos da sección A) ou B) da Lei de minas preexistentes á data da convocatoria do concurso.

Polo anterior, de conformidade co disposto no art. 73 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978, decláranse francos e rexistrables os terreos sacados a concurso, coa excepción das superficies adxudicadas nel e as ocupadas polos dereitos preexistentes, admitíndose novas solicitudes unha vez transcorridos os oito días hábiles da súa publicación no DOG.

Pontevedra, 24 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra