Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. en Camporrío, Parte e Remuín 2F.
Situación: Monforte de Lemos.
Características técnicas: liña de baixa tensión de 750 m de lonxitude con orixe en C.T. Camporrío en conductor R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 210 m de lonxitude con orixe no C.T. parte en conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 620 m de lonxitude con orixe no C.T. Remuín en conductor R.Z. e apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 27 de xullo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo