Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de declaración de urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos precisos para continua-la explotación de lousa na concesión San Víctor, 4263.

De acordo co disposto no artigo 105 da Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e 52 da Lei de expro

piación forzosa do 16 de decembro de 1954 e para os efectos previstos no artigo 56 do seu regulamento executivo, sométese a información pública a solicitude feita por Pizarras Carucedo, S.L. para que se declare urxente para efectos de expropiación forzosa, a ocupación dos bens e dereitos precisos para a continuidade dos traballos de explotación da concesión mineira de lousa San Víctor, 4263, da que é titular, e que se sitúa no lugar de Lardeira, no concello de Carballeda de Valdeorras, desta provincia de Ourense.

Publícase como anexo desta resolución, a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación.

O que se fai público de conformidade co previsto no punto 2º do artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa. Calquera persoa, dentro dos quince días seguintes á publicación desta resolución, e os interesados no mesmo prazo contado dende o día seguinte á notificación que se lles fará, poderán achegar por escrito os datos oportunos par rectificar posibles erros na relación de bens e propietarios afectados, presentando por triplicado as alegacións que estimen procedentes nas oficinas desta delegación provincial, sitas na rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense.

Ourense, 10 de xullo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Parcela 1257.

Propietario: hrdos. Virgilio Oviedo García

Enderezo: Lardeira s/n 32334-Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Parcela 1264-1266

Propietario: Cesáreo Rodríguez López

Enderezo: Lardeira s/n 32334-Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Parcela 1265.

Propietario: Sebastián Carrera Álvarez

Enderezo: r/ 18 de xullo, 38-32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

Parcela 1267, 1274 e 1275 (pro indiviso).

Propietario: Vicente Carrera Losada e Sabina Carrera Losada.

Enderezo:Florentino Delgado Gurriarán, 52-2º dta32300 O Barco de Valdeorras. E a mesma rúa e localidade nº 35-2º dta.

Parcela 1268, 1269, 1270 e 1273.

Propietario: Miguel Ángel Domínguez Carrera.

Enderezo: Plaza de los Molinos, portal 7-3º dta. 24400 Ponferrada. León.