Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a declaración da condición de minero-medicinal das augas procedentes do manancial denominado Laias, número 38, sito no termo municipal de Cenlle (Ourense).

Por instancia do Concello de Cenlle, a Consellería da Industria e Comercio; por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Declara-la condición de minero-medicinal das augas do manancial denominado Laias nº 38, sito no termo municipal de Cenlle (Ourense); declaración que queda condicionada ó cumprimento de tódolos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 118, do 21 de xuño), así como o regulamento que o desenvolve, o R.D. 1164/1991, do 22 de xullo, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas, e revogarase no suposto de comproba-lo incumprimento das esixencias impostas pola regulación mencionada para este tipo de augas.

Ourense, 5 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense