Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de agosto de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00078-O-2000 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interporen recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 10 de agosto de 2000.

P.A.

Adelaida Herrero Marcos

Xefa da Sección de Inspección

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último domicilio coñecido-Feito denunciado-Data-Hora--Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00078-O-2000

C-8926-CD

G.C. Tráfico

María del Pilar López de la Iglesia

Pomar Urdilde, 6 P3, 3º I

15911 Rois (A Coruña)

Circular cun furgón trasportando contedores con productos alimenticios con destino a colexios, carecendo de tarxeta de transporte.

27-1-2000; 16.30; N-550; 75

Art. 90 da Lei 16/1987 e art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/199025.000 ptas.

XC-00283-O-2000

PO-3329-BJ

G.C. Tráfico

Pilses, S.L.

Urzáiz, 38

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando material industrial non concidindo a matrícula do vehículo coa que figura na autorización.

24-2-2000; 16.20; AC-141; 10

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/19905.000 ptas.

XC-02662-O-1999

GI-4702-BC

G.C. Tráfico

Zamora Transporte Europeos, S.L.

Jacinto Verdaguer, 55

17410 Sils (Girona)

Circular transportando varios paquetes con pastas comestibles, carecendo de tódolos discos diagramas da semana en curso e do derradeiro da semana anterior que conduciu.

4-11-1999; 17.10; N-651; 25

Art. 15 do R (CE) 3821/1985Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/199046.000 ptas.