Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.801

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 2000 pola que se autorizan o cambio de domicilio por traslado de instalacións e as ensinanzas que figuran no anexo da presente orde, ó centro privado San José de Cluny de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia da titularidade do centro privado San José de Cluny de Vigo (Pontevedra), polo que se solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións e a autorización definitiva para impartir 6 unidades de educación infantil 2º ciclo, 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria, e 6 unidades de bacharelato nas modalidades de humanidades e ciencias sociais, ciencias da natureza e a saúde e tecnoloxía.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos

centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San José de Cluny de Vigo o cambio de domicilio por traslado de instalacións e as ensinanzas que figuran no anexo da presente orde.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparte docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios no edificio, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: 3ª trav. Salgueira, núm. 46.

Código do centro: 36011351.

Denominación específica: San José de Cluny.

Titular: Congregación de San José de Cluny.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades 2º ciclo.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de humanidades e ciencias sociais, ciencias da natureza e a saúde e tecnoloxía.