Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de agosto de 2000 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de formación profesional específica Delta de Teo (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao superior que se relacionan no anexo desta orde.

Examinado o expediente instruído por instancia de J. Vicente Vázquez Funqueiro, a través do que solicita autorización para a apertura e funcionamento do centro privado de formación profesional específica Delta de Teo (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de xestión comercial e márketing, información e comercialización turísticas, administración de sistemas informáticos, e en horario non simultáneo: os de desenvolvemento de aplicacións informáticas e xestión do transporte,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio),

sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado de formación profesional específica Delta de Teo (A Coruña), para imparti-los ciclos formativos de grao superior que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29 de outubro). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Teo.

Localidade: Teo.

Enderezo: Vilar de Calo, s/n, Seixo.

Código do centro: 15032121.

Denominación: Centro Privado de Formación Profesional Específica Delta.

Titular: Academia Delta-Tor, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: comercio e márketing.

-1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e márketing (1 unidade para 20 postos escolares).

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: hostalería e turismo.

-1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 20 postos escolares).

Quenda: tarde-noite.

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: comercio e márketing.

-1 ciclo formativo de grao superior de xestión do transporte (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).