Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de agosto de 2000 pola que se autoriza o centro privado de formación profesional específica San Marcos de Ourense para imparti-los ciclos formativos de grao superior de prótese dental, hixiene bucodental e documentación sanitaria.

Examinado o expediente que presenta Roberto Padilla Novoa e Manuel Rodríguez Suárez, a través do que solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de prótese dental, hixiene bucodental e documentación sanitaria no centro privado de formación profesional específica San Marcos de Ourense,

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional específica San Marcos de Ourense para imparti-los ciclos formativos de grao superior de próteses dentais, hixiene bucodental e documentación sanitaria, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas da rama sanitaria; especialidades: protésico dental e hixienista dental.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: avda. Buenos Aires, 61.

Código do centro: 32016224.

Denominación: Centro de Formación Profesional Específica San Marcos.

Titular: Roberto Padilla Novoa.

Ensinanzas que se autorizan para dúas quendas en horario non simultáneo:

Familia profesional: sanidade.

Ciclo formativo de grao superior de próteses dentais (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Ciclo formativo de grao superior de hixiene bucodental (1 unidade para 20 postos escolares).

Ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria(1 unidade para 20 postos escolares).