Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de agosto de 2000 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 10 de abril de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o sector artesanal galego (Diario Oficial de Galicia número 76, do 18 de abril).

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 10 de abril de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o sector artesanal galego (DOG nº 76, do 18 de abril). O obxectivo desta orde é o fomento e desenvolvemento do sector artesanal na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do apoio tanto ás unidades productivas como ás asociacións de artesáns.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 31 de outubro de 2000, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 10 de abril de 2000, ata o día 17 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio