Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 1 de agosto de 2000, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 27028/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que puido ser notificada no último enderezo coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do expediente sancionador simplificado 27028/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolucción cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A-2º-2ª-Edificio Área Central-As Fontiñas-15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día da notificación. Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en periódo voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27028/2000.

Inculpado: Compañía Hostelera del Eo, S.L.-Restaurante San Luis.

Enderezo: r/ Rodríguez Murias, nº 4 baixo, de Ribadeo (Lugo).

Sanción: corenta mil (40.000 ptas.).

Motivo: irregularidades campaña teléfonos públicos.

Data resolución: 18-4-2000.

Lugo, 1 de agosto de 2000.

Blanca Vaquero Martín

Xefa do Servicio Provincial de Consumo