Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio do comportamento como consumidores dos mozos galegos entre 16 e 30 anos.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: realización dun estudio do comportamento como consumidores dos mozos galegos entre 16 e 30 anos.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2000.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co establecido no artigo 16.1ºa) de LCAP. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal e como dispón o artigo 19 e) da LCAP.

Orzamento base de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.) (30.050,61 euros).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (100.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa, 10-A-2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10-A-2º (Edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10-A-2º (Edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo