Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de agosto de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de compravenda, P-036/2000 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, artigo 52, derradeiro parágrafo do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pago dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co coseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 4 de agosto de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/490 (expte. desaf. P-036/2000).

Cta.: 5.

Nome: José Jiménez Silva.

Domicilio: Torneiros, 3ª fase, blq. 13, ptal. 1, 2º A (O Porriño).

Falta de pagamento débeda: 1.992.908 ptas.

Expediente: PO-83/490 (expte. desaf. P-037/2000).

Cta.: 7.

Nome: Diego Vicente Ramilo.

Domicilio: Torneiros, 3ª fase, blq. 13, ptal. 1, 3º A (O Porriño).

Falta de pagamento débeda: 2.007.462 ptas.

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-039/2000).

Cta.: 144.

Nome: Juan Fco. Pesqueira Torres.

Domicilio: rúa Alemania, blq. 47, baixo dta., Monte Porreiro (Pontevedra).

Falta de pagamento débeda: 1.977.723 ptas.

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-42/2000).

Cta.: 45.

Nome: Flora Domínguez López.

Domicilio: rúa Luxemburgo, blq. b-2, 1º A, Monte Porreiro (Pontevedra).

Falta de pagamento débeda: 1.990.836 ptas.