Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de agosto de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor en réxime de aluguer, P-047/2000, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e na alínea primeira do artigo 138 do Regulamento de

VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e sello esta cédula en Pontevedra o 4 de agosto de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-82/080 (expte. desaf. P-047/2000).

Cta.: 84.

Nome: Ángel Doce Sánchez.

Domicilio: r/ Alemania, 51, baixo D, Monte Porreiro (Pontevedra).

Falta de pagamento débeda: 893.203 ptas.

Expediente: PO-83/510 (expte. desaf. P-023/2000).

Cta.: 32.

Nome: Manuel Costas Comesaña.

Domicilio: r/ Martínez Garrido, 71, 3º H (Vigo).

Falta de pagamento débeda: 1.470.004 ptas.

Expediente: PO-83/510 (expte. desaf.: P-024/2000).

Cta.: 62.

Nome: Mª Ángeles Pérez Montoya.

Domicilio: r/ Martínez Garrido, 71, 8º D (Vigo).

Falta de pagamento débeda: 1.928.954 ptas.