Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CEDULA do 4 de agosto de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de compravenda, P-044/2000 e un máis, devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do

Código Civil, artigo 52, derradeiro parágrafo do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, e a cláusula IV da escritura de compravenda, notifícase ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pago dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co coseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 4 de agosto de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-82/080 (expte. desaf.: P-044/2000).

Cta.: 98.

Nome: Carolina Omil López.

Domicilio: r/ Alemania, 51, 4º B, Monte Porreiro (Pontevedra).

Falta de pagamento débeda: 2.615.112 ptas.

Expediente: PO-82/080 (expte. desaf.: P-045/2000).

Cta.: 81.

Nome: Carmen Ribada Rey.

Domicilio: r/ Alemania, 51, baixo A, Monte Porreiro (Pontevedra).

Falta de pagamento débeda: 2.141.328 ptas.