Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do Conselleiro de Política Terri

torial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condición correspondentes.

Resolución: 12-7-2000.

Obxecto: construcción dun local para garda e reparación de dornas.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Asociación Cultural Lajareu por Barlovento.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 13-7-2000.

Obxecto: Construcción de estaleiro e mariña de reparacións.

Porto: Tragove (Cambados).

Adxudicatario: Servicios Marítimos Vigomar, S.L.

Prazo: 30 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia