Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 1 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario para o edificio sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para o edificio sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada (Pontevedra) .

b) Número de unidades que se van entregar: segundo o sinalado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado a partir do día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 45.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 900.000 pesetas (2% do orzamento de licitación).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17/54 47 54.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 21-9-2000.

7. Requisitos específicos del contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 14 horas do 21-9-2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

3ª Localidade e código postal: 15771-Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela-15771.

d) Data: 2-10-2000.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 31-7-2000.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais