Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xullo de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00051-O-2000 e catro máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecido que se sinala no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, inciáronse, cos números que se indican os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que o asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13-1-1999 (BOE do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 20 de xullo de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00051-O-2000

PO-5153-AW

G.C. Tráfico

Mª Nieves Escaloni Rodríguez

Juan Álvarez González, 117 En. B

33210 Xixón (Asturias)

Circular transportando zapatos carecendo de autorización para realizar este servicio. Servicio privado complementario, o conductor non acredita relación laboral nin familiar coa empresa.

18-1-2000; 14.30.20; C-531; 4.100

Artigo 102.3º da Lei 16/1987 e artigo 157 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.

PO-00619-O-2000

C-1703-BD

G.C. Tráfico

Santiago Díaz Rodríguez

Salvatierra, 11-4º D

36209 Vigo (Pontevedra)

Realizar servicio público transportando paquetería carecendo da tarxeta de transportes.

7-3-2000; 13.20; C-550; 70

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.

PO-00660-O-2000

C-1703-BD

G.C. Tráfico

Santiago Díaz Rodríguez

Salvatierra, 11-4º DC

36209 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando paquetería carecendo de tarxeta de transportes. Presenta tarxeta caducada o 31 de maio de 1998. Carece de distintivos. Servicio público.

26-2-2000; 10.45; C-550; 40

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.

PO-00666-O-2000

PO-7109-AP

G.C. Tráfico

Rótulos Rodisa, S.L.

Alcouce Figueirido, s/n

36141 Vilaboa (Pontevedra)

Circular transportando material eléctrico carecendo de tarxeta de transportes. Non leva distintivos. Servicio privado.

28-2-2000; 9.45; N-550; 148

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.

PO-00731-O-2000

PO-6141-AD

G.C. Tráfico

Mª del Carmen Fernández Grova

Trav. de Vigo, 164

36206 Vigo (Pontevedra)

Realizar servicio privado complementario transportando diverso material de carpintería carecendo da tarxeta de transportes.

26-2-2000; 11.10; C-550; 131.900

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.