Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito en Vigo (Pontevedra), para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio a satisfacer xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na rúa Cánovas del Castillo nº 22, de Vigo (Pontevedra), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2000.

Emilio Álvarez Rey

Secretario Xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda