Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xullo de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00424-O-2000).

Pola presente cédula, notifícaselle ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinala no anexo, as resolucións sancionadoras, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas no expediente que se cita no anexo.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13-1-1999 (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ó denunciado, de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 20 de xullo de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00424-O-2000

M-6150-LC

G.C. Tráfico

Mohamed Barkaqui

Casa Ermitas (Paredes), 22

36141 Vilaboa (Pontevedra)

Transportar roupa (venda ambulante en feiras), carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

10-2-2000;15.20; N-550; 132.800

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.