Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.727

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se autoriza o centro privado Agarimo de Arteixo (A Coruña) para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos.

Visto o expediente sobre autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III,

modalidade presencial, da educación básica de adultos no centro privado Agarimo de Arteixo (A Coruña); iniciado ó abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14º do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos ó centro privado Agarimo de Arteixo (A Coruña), cos datos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: A Baiúca

Domicilio: Laxobre-A Baiúca.

Denominación: Agarimo.

Código do centro: 15020431.

Composición resultante.

Educación especial: 2 unidades de psíquicos.

Educación básica de adultos:

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.