Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de agosto de 2000 pola que se autoriza o centro privado de formación profesional específica Castelao da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Secretariado e Axencias de Viaxes.

Examinado o expediente que presenta María Concepción Amor Alonso, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Secretariado e Axencias de Viaxes no centro privado de formación profesional específica Castelao da Coruña.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991 de 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18-11-1999) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional específica Castelao da Coruña, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Secretariado e Axencias de Viaxes, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición transitoria

Autorízase o traslado a este centro de 1 unidade de FP2-3º da especialidade de secretariado bilingüe e comercial, procedente da Escuela de Secretariado Bilingüe da mesma titularidade, mentras non se extingan estas ensinanzas, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ Sinforiano López, nº 43.

Código do centro: 15032005.

Denominación: Centro de Formación Profesional Específica Castelao.

Titular: M. Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.

Ensinanzas que se autorizan.

Familia profesional: Administración.

-1 ciclo formativo de grao superior de Secretariado (1 unidade para 20 postos escolares).

Familia profesional: Hostalería.

-1 ciclo formativo de grao superior de Axencias de viaxes (1 unidade para 20 postos escolares).

Composición resultante.

-1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior de Secretariado (1 unidade para 20 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de Axencias de viaxes (1 unidade para 20 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de Xestión comercial e marketing (1 unidade para 20 postos escolares).