Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto do servicio de elaboración e desensolvemento de campañas publicitarias de información de actividades municipais.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo: dependencia: Alcaldía. Nº expte.: 13355/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de elaboración e desenvolvemento de campañas publicitarias de información de actividades municipais do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: anos 2000, 2001 e 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 98.000.000 de pesetas (588.991,86 euros).

5. Garantías: provisional: 1.980.000 ptas. (11.900,04 euros).

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo.

Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día 6-10-2000.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 6-10-2000.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día 10-10-2000.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: casa do concello. Data e hora: 10-10-2000 (10 horas).

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de agosto de 2000.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental