Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto do servicio de reparación de carrocería de vehículos inferiores a 3.500 kg.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo: dependencia: Parque Móbil. Nº expte.: 13254/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servicio de reparacións de carrocería de vehículos inferiores a 3.500 kg propiedade do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: ata o 31-12-2000, con posible prórroga para os anos 2001 e 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.500.000 ptas./ano.

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo.

Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que termina o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de agosto de 2000.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental