Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto do servicio do plan de publicidade e difusión da Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo: dependencia: Cultura. Nº expte.: 6508/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: deseño dun plan e a súa realización para dar publicidade e difundi-las actividades, programas, servicios e campañas da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, tanto no deseño gráfico e a planificación de medidas, como na materialización ou producción de tódalas propostas que propoñan os licitadores.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: ata o 31-12-2001, máis dúas posibles prórrogas dun ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 149.000.000 de pesetas (895.508,04 euros).

5. Garantías: provisional: 2.980.000 ptas. (17.910,16 euros). Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo.

Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 25-9-2000.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día 26-9-2000.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: casa do concello. Data e hora: 26-9-2000 (10 horas).

10. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de agosto de 2000.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental