Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTO (20/2000).

En Santiago de Compostela, trinta de xuño de dous mil.

1. Feitos.

Primeiro.-Con data do sete de xuño de dous mil, dictouse sentencia do xuízo de faltas número 20/2000. En comparecencia do 21 de xuño de dous mil, neste xulgado, Vanessa de la Fuente García solicita aclaración da sentencia por canto que a resolución non se pronuncia sobre a denuncia formulada pola comparecente.

2. Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-O artigo 161 da Lei de axuizamento criminal di: «os tribunais non poderán variar, despois de asinadas, as sentencias que pronuncien; pero si aclarar algún concepto escuro, suplir calquera omisión que conteñan ou rectificar algunha equivocación

importante, dentro do día hábil seguinte ó da notificación. Estas aclaracións poderán facerse de oficio ou por instancia das partes ou do Ministerio Fiscal».

No caso presente, Vanessa de la Fuente afírmase e ratifica a denuncia no acto de vista oral, achegando ós autos informe médico forense no que consta que sufriu unha fractura da falanxe distal do polgar dereito, estando 19 días incapacitada, correspondéndolle por tanto unha indemnización de 95.000 ptas. e constando tamén a factura dos gastos hospitalarios por un importe de 24.840 ptas.

Parte dispositiva.

Acórdase que Vìctor Mariano y Warlito de la Cruz deberán indemnizar a Vanessa de la Fuente na cantidade de 95.000 ptas. en concepto de lesións e aboarlle ó Sergas a cantidade de 24.840 ptas. de 500. Déase traslado ás partes.

Así o acorda, manda e asina Mª Fe López Juíz, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade e o seu partido.

Dilixencia. Cúmprese seguidamente. Dou fe.