Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.688

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (28/2000).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber:

Que neste xulgado se seguen autos de separación co número 28/2000 por instancia de José Manuel Vicente Torres, representado polo procurador Antonio Cuns Núñez contra María Susana Ces Martínez, como demandada, a cal se atopa en ignorado paradoiro e sendo parte o Ministerio Fiscal, nos cales recaeu resolución na que o seu contido é literalmente o seguinte:

Emprácese a demandada María Susana Ces Martínez co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos en legal forma con avogado que a defenda e procurador que a represente e contesta á demanda con apercibimento de que de non comparecer declararase en rebeldía sen facerlle máis notificacións que as que determine a lei.

E, para que sirva de notificación e emprazamento a María Susana Ces Martínez, a cal se atopa en ignorado paradoiro, expídese este edicto en Padrón O vintesete de abril de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado