Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobada polo órgano municipal competente os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público urxente polo procedemento aberto que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican, exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Rosal.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Acceso núcleos de poboación Pías Cumieira (orzamento de execución 11.511.872 ptas.).

b) Dotación para rede de sumidoiros e augas para Cumieira (orzamento de execución 11.658.650 ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Os sinalados no punto dous.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento base.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 982 62 62 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas:

En man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello do Rosal, praza do Calvario, 1.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións:

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 2 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado