Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia faise público que por resolución da Alcaldía de data 28 de agosto de 2000 foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Construcciones Coto Ribadeo, S.L. para o viario transversal á travesía de San Lázaro que constitúe un sector da rúa identificada no PXOU como 37-38.

Durante o prazo dun mes contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que estimen convenientes.

Ribadeo, 28 de agosto de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde