Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 145, do 31 de xullo do 2000, publícanse as bases xerais e específicas para cubrir postos de traballo laborais vacantes incluídos na ampliación da oferta de emprego público deste concello, para o ano 1999. Os devanditos postos son:

1 praza de director pedagóxico para a súa cobertura por promoción interna.

1 praza de director do parque da aula da natureza par a súa cobertura por promoción interna.

1 praza de auxiliar administrativo para a súa cobertura por quenda libre.

1 praza de director administrador para a súa cobertura por quenda libre.

1 praza de coordinador de servicios para a súa cobertura por quenda libre.

Ábrese un prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, coa finalidade de que os interesados presenten solicitudes e demais documentación (de acordo co artigo 5 das bases) no rexistro xeral do concello ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das

administracións públicas. As bases para a súa consulta estarán á disposición dos interesados na secretaría xeral do concello.

Ponteareas, 2 de agosto de 2000.

José Castro Álvarez

Alcalde