Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADELA

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, publícase un extracto do anuncio publicado integramente no BOP de Ourense nº 187, con data do 16 de agosto de 2000.

Prover en propiedade a seguinte praza:

1. Auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala auxiliares, grupo D, polo procedemento de oposición libre.

O prazo para presentar solicitudes é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Taboadela, 18 de agosto de 2000.

Manuel Gallego Vila

Alcalde