Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PETÍN

ANUNCIO de licitación.

Por acordo do Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do 18 de agosto de 2000, apróbase o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para a contratación das obras que se referencian, exponse ó público por prazo de oito días

hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación aprazarase canto resulte necesario de presentarse reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Petín, rúa Poboado Iberduero s/n, 32356 Petín (Ourense).

2. Obxecto do contrato: abastecemento e saneamento Outeiro-Portomourisco-Freixido conforme o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños José Mª Sorribes Escribá, e aprobado polo Concello Pleno na súa sesión ordinaria de 16-6-2000.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 10.287.500 ptas. IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisoria: 205.750 ptas.

Definitiva: 411.500 ptas.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Petín, rúa Poboado Iberduero s/n, 32356 Petín (Ourense). Teléfono: 988 31 02 23. Fax: 988 33 60 90.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Petín, durante os 26 días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), de 9 a 14 horas de luns a venres, e sábados de 10.30 a 12 horas, no rexistro xeral do concello.

b) Documentación que hai que presentar.

Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de abastecemento saneamento Outeiro-Portomourisco-Freixido polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello de Petín.

Constarán de dous sobres pechados A e B, nos que conterán a documentación sinalada na cláusula 16 do prego de condicións particulares denominados:

Sobre A, documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B, oferta económica e criterios diferentes ó do prezo ou alternativas ó obxecto do contrato.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de pre

sentación do proposicións, considerándose para este caso inhábil ou sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Petín, 22 de agosto de 2000.

Miguel Bautista Carballo

Alcalde