Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1121/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle de reordenación de volumes e modificacións de rasante da nova rúa Papón do plan parcial do sector A-3 do plan xeral de ordenación urbana de Ourense a pedimento de Rafael da Torre Morales.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 31 de xullo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente