Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión realizada o día 28 de xullo de 2000, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo equipo AD-Plan Arquitectura, Deseño e Planeamento, en virtude da delegación de competencias prevista o artigo 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia e do disposto no artigo 45 e disposición adicional 4ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o que se fai público de conformidade co disposto no artigo 8.d) da mesma lei.

Faise constar que este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia e no BOP e se procederá a publicar no BOP as normas urbanísticas do devandito plan e os convenios aprobados, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, non entrando en vigor o plan ata a publicación íntegra deles e transcorre-lo prazo de 15 días hábiles indicados no artigo 65.2º da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan, que é definitivo en vía administrativa, pode ser interposto directamente, por quen se considere lexitimado, o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no DOG ou BOP, consonte co establecido nos artigos 58, 59.5º e 60 da Lei 30/1992 e 10.1º b) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; significando que, conforme o disposto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, non cabe interpoñer recurso de reposición ante este concello.

Poio, 1 de agosto de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde