Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación ordinaria (C.P. 59/2000).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

Expediente 59/2000.

1. Obxecto: adquisición de aparellos médicos e dispositivos.

2. Orzamento: 38.325.000 ptas. (230.337,88 euros) IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31-12-2000.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 2/2000, do 16 de xuño; BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracions públicas. (BOE nº 148 do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Departamento de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 59 37, así como para información administrativa. Para información técnica ó teléfono 986 81 60 23, e fax 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro

xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 31 de xullo de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo